Excedeu o tempo máximo permitido de 2 horas para o proceso de matrícula.
A continuación a páxina será reiniciada para comezar de novo o proceso.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 meses | Esta cookie está configurada polo complemento de consentimento de cookies do GDPR. A cookie utilízase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Analíticas". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 meses | A cookie está configurada polo consentimento da cookie do GDPR para rexistrar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Funcional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 meses | Esta cookie está configurada polo complemento de consentimento de cookies do GDPR. As cookies úsanse para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Necesarias". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 meses | Esta cookie está configurada polo complemento de consentimento de cookies do GDPR. A cookie utilízase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies da categoría "Outras". |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 meses | Esta cookie está configurada polo complemento de consentimento de cookies do GDPR. A cookie utilízase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Rendemento". |
viewed_cookie_policy | 11 meses | A cookie está establecida polo complemento de consentimento de cookies do GDPR e úsase para almacenar se o usuario consentiu ou non o uso de cookies. Non almacena ningún dato persoal. |
A renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2021:
Segundo isto, a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado de facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF: casilla 435 + casilla 460 – casilla 595
O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.
O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.
Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:
En base ao disposto no artigo 16 do Decreto 132/2013, o concepto de unidade familiar é o definido na normativa do imposto da renda das persoas físicas.
Aos efectos do IRPF, existen dúas modalidades de unidade familiar:
1.- No caso de matrimonio:
A unidade familiar está integrada polos/as cónxuxes non separados/as legalmente e, se os houber:
a) Os/as fillos/as menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentemente destes.
b) Os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
Hai que ter en conta que a maioría de idade acádase ao cumprir 18 anos.
2.- En ausencia de matrimonio ou nos casos de separación legal:
A unidade familiar está integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos/as fillos/as que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior (os supostos a) ou b) do apartado 1).
Polo tanto:
– Calquera outra agrupación familiar, distinta das anteriores, no constitúe unidade familiar a efectos do IRPF.
– Ninguén pode formar parte de dúas unidades familiares ao mesmo tempo.
– O número de membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente o día 31 de decembro de cada ano. Polo tanto, se un fillo/a cumprira 18 anos durante o ano, xa non formará parte da unidade familiar nese período impositivo. Tampouco formarán parte da unidade familiar o membro que falecera durante o período impositivo.
– Nas parellas de feito só un dos seus membros (pai ou nai) poden formar unidade familiar cos/as fillos/as que reúnan os requisitos anteriormente comentados (os supostos a) ou b) do apartado 1). O mesmo criterio é aplicable nos casos de separación ou divorcio con garda e custodia compartida.”