Matrícula 3º ESO / PDC 2023-24

Matrícula 3º ESO (2023-2024)

DATOS PERSOAIS DO/A ALUMNO/A (deben cubrirse tal e como veñen no DNI)


DATOS DOS/AS TITORES/AS LEGAIS DO/A ALUMNO/A

ESTUDOS A REALIZAR NO CURSO ACTUAL

MATERIAS COMÚNS: Bioloxía e xeoloxía, Física e química, Xeografía e historia, Educación física, Lingua galega e literatura, Lingua castelá literatura, 1ª Lingua Estranxeira, Educación plástica e visual, Matemáticas, Música, Educación en Valores Cívicos e Éticos.

MATERIAS OPTATIVAS (enumerar do 1 ao 4 por orde de preferencia)

Necesario un número mínimo de 10 alumnos/as para formar grupo

(A 2° Lingua estranxeira elixida en 3°ESO deberá ser a mesma que a cursada en 2° ESO. Excepcionalmente, poderá cambiar o idioma pero deberá acreditar as competencias e coñecementos do novo idioma elixido)

ACTIVIDADES EN PONTEAREAS

Uns días antes da actividade (saída) informaremos da data e hora enviando unha mensaxe polo ABALAR

SEGURO E-DIXGAL

Recórdase que os seus fillos están inmersos no programa E-Dixgal durante a etapa secundaria e usarán os ordenadores que deben ser reparados de detectarse roturas. Os fallos de funcionamento están cubertos por garantía. As reparacións nos servizos habilitados son custosas e por iso recomendamos a contratación anual do seguro integral de portátiles (esta información non é para a contratación do seguro por parte do centro, teñen que contratalo vostedes expresamente)

O segúro do portátil permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía. A contratación terana que realizar vostedes a través do Servizo Premium de Atención e Soporte (881 86 99 00) ou directamente no 881 505 136 (na web: https://coberturasir.plexus.es/). Seguramente lles pidan unhas fotos do equipo.
O segúro do portátil é moi recomendable xa que as reparacións deben realizarse en servicio oficial (para manter a garantía) e estas tenden a ser custosas. O seguro permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía. Prema “si” se quere saber a forma de contratación.

DÁ O SEU PERMISO PARA UTILIZAR A IMAXE E VOZ DO SEU FILLO/A CON FINS ACADÉMICOS?

AUTORIZACIÓN DE SAÍDAS

Autoriza:
Unha persoa autorizada terá que estar na porta do centro para recoller ao alumnado salvo que use transporte escolar
Unha persoa autorizada terá que estar na parada do autobús para recoller ao alumnado
Relación das persoas autorizadas* para recoller ao/á alumno/a durante e ao final (se procede) da xornada escolar (persoa diferente de pai / nai / ou titor/a legal):

(*) Os/as escolares poderán ser recollidos no centro durante e ao remate da xornada escolar e á baixada do transporte escolar polas persoas responsables ou polos/as proxenitores/as separados/as ou divorciados/as que teñan dereito de visitas en días lectivos ou polos/as adultos/as e irmáns/ás maiores autorizados/as ao efecto polos/as responsables dos/as rapaces/as.

Nas situacións anteriores marcadas afirmativamente (SI) exímese á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os/as escolares.

No caso de non autorizar a saída do centro ao final do período lectivo ou á baixada do transporte escolar en ausencia de persoas responsables do/a alumno/a teranse en conta as seguintes indicacións (Instrucción conxunta 9/2017 da Secretaría Xeral Técnica e da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se establecen recomendación sobre a saída dos/as alumnos/as escolarizados/as nos centros educativos públicos da Comunidade Autónoma Galega ao remate do horario lectivo e sobre a recollida deles/as nas paradas establecidas no transporte escolar):

  • As persoas encargadas da recollida terán a obriga de reportar ao centro calquera demora que vaian sufrir.
  • Transcorrido o tempo de demora comunicado sen que aparezan as persoas responsables, o persoal do centro poderá conducir aos escolares ás dependencias da Policía Local ou da Garda Civil para traspasarlles a custodia dos/as menores.
  • Os autobuses esperarán nas paradas o tempo necesario para asegurar a recollida dos/as escolares, que, en todo caso non excederá de 5 minutos. Transcorrido ese tempo continuarán co seu itinerario levando consigo ao alumnado non recollido ata as dependencias da empresa de transportes, onde permanecerán custodiados ata a hora de peche, momento no que poderán ser levados/as ás dependencias da Policía Local ou da Garda Civil para traspasarlles a custoria dos/as menores.
  • A reiteración destas dúas últimas circunstancias en máis de 4 ocasións poderá dar lugar, trala oportuna análise das circunstancias familiares concorrentes, á revisión do medio de saída do centro e/ou o medio de recollida nas paradas escollido para os/as escolares.

DOCUMENTACIÓN A ENGADIR PARA PRESENTAR A MATRÍCULA

O alumnado que se matricula por 1ª vez no centro precisa achegar a seguinte documentación
  • Fotocopia do DNI / Outro
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a. Se non ten tarxeta sanitaria, incluír fotocopia da tarxeta sanitaria do titor/a legal
  • Foto tipo carnet (Achegar unha única foto)
  • Xustificante de ter ingresado o seguro escolar: 1,12€ na conta ES81 2080 5435 5930 4011 9229 de ABANCA
  • Certificado de estudos ou fotocopia de notas do curso anterior
  • Calquera outra documentación que poida contribuír a unha mellor escolarización (informes médicos, cerificados discapacidade...)
O alumnado do IES do Barral precisa achegar a seguinte documentación
  • Foto tipo carnet (Achegar unha única foto)
  • Xustificante de ter ingresado o seguro escolar: 1,12€ na conta ES81 2080 5435 5930 4011 9229 de ABANCA
  • Calquera outra documentación que poida contribuír a unha mellor escolarización (informes médicos, cerificados discapacidade...)

TRANSPORTE ESCOLAR

AUTORIZACIÓNS PARA A CONSULTA DE DATOS